Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 novembre 2013

A INSTITUCIÓN INÚTIL MÁIS AUSTERA DE EUROPA

horses

O valor que máis apreciamos dun produto en tempo de crise é o prezo. Tras coñecelo, reparamos na nosa apetencia e no uso que imaxinamos que lle daremos. O Partido Popular pretende vendernos o Produto Borbón co argumento de que "soamente" nos custa 0,17 céntimos. Botando iso por diante, excusan de argumentarnos a apetencia e a utilidade. O señor conservador que defendía esa idea forza, Juan Manuel Albendea, concluíu que "defender o orzamento da Súa Maxestade é o máis fácil do mundo". Feliz candidez. Ceibar unha parvada discursiva como a dos 17 céntimos non é unha defensa porque resulta ineficaz como tal ao carecer de base. Disque os Borbón viven da institución inútil "máis austera de Europa", pero non, porque as monarquías menos onerosas son as que foron suprimidas. Cando menos a realeza británica ten rendemento turístico. O razoamento lémbrame ao que nos soltou a Plataforma en Defensa dos Medios Públicos Galegos na alborada do 2012: "A TVG custa 33 euros por ano a cada galego". Con valedores coma eses, os amantes dos medios públicos pedimos tranquilizantes de gran intensidade. Estes días, a conta do peche da Radiotelevisión Valenciana, volverán aparecer esas cifras nos medios. Confío en que a famosa Plataforma busque motivos de maior convencemento: propoño a tese de que os galegos debemos ter unha crónica informativa e social do noso país concebido dende o noso país. Así mirado, estou disposto a poñer os meus 33 euros. Mesmo a sumarlles os 0,17 que me gustaría detraer da monarquía española, á que non lle atopo atractivo nin utilidade. E o prezo tampouco é unha ganga.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité