Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 novembre 2013

CENTO VOANDO

sir_alfred_hitchcock_the_world_of_birds

A obsesión comezou co éxodo das Doce Tribos de Israel. O xudeos, pocos e aillados no medio do deserto, consideraban fundamental que non se perdese unha pinga de seme. De aí arrinca a obsesión cara ao sexo, que o catolicismo recolleu agarimosamente en herdanza e que aínda se reflicte en colexios do país nos que se segrega a nenos en razón do seu sexo, en base a que as diferenzas biolóxicas son determinantes no aproveitamento dos estudos, aínda que non o sexan menos cas socioeconómicas ou ás afectivofamiliares. A Xunta anuncia a súa disposición de seguir entregándolles cartos de todos para que manteñan esa práctica que, por un argumentario semellante, podería basearse na evolución dos equipos de fútbol dos que son seareiros os cativos. Suprimir esas axudas non sería un aforro notable, aínda que tampouco inútil se temos en conta a situación, pero si debería ser unha cuestión de respecto á condición humana e, polo tanto, prohibida por lei. Talvez puideramos aforrar unha cantidade -esta si máis considerable-, que se podería destinar a que os parados non pagasen o comedor como se prometeu, se reduxésemos o cento de asesores que ten o departamento de Xesús Vázquez ao mínimo necesario. Entendo que non todos os asesores son prescindibles, pero esa figura responde na maioría de supostos á necesidade de crear oportunidades laborais para os militantes ou favorecedores dos partidos máis ca a dispor dun experto en materias concretas. Francisco Conde sei que foi un eficaz consultor de Feijoo antes de ser conselleiro de Economía e gañou unha experiencia coma asesor. Non parece ese un caso extrapolable.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 426
Publicité