dimanche 10 novembre 2013

O PULIDOR DE LENTES

  Peter Sloterdijk propuxo, nada menos ca nun foro coma o Frankfurter Allgemaine Zeitung, eliminar a «cleptocracia estatal». O filósofo alemán referíase a suprimir os impostos e subtituílos por doazóns. A iniciativa sitúao máis alá do liberalismo, nunha terra de ninguén entre o cristianismo máis primitivo e o anarquismo máis ortodoxo. Ao tempo que sostén esa gaitada, acusa á esquerda radical de tratar de quitar rendemento político á ira dos pobres. Calquera que coñeza o manual de estilo parlamentario de AGE no Hórreo pode... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]