rare-image-of-filmmaker-john-huston-and-lead-actor-paul-newman-on-the-set-of-the-life-and-times-of-judge-roy-bean-1972

Nada máis complicado para min ca escribir sobre Sargadelos. Non vou ser obxectivo. Nunca o son, unicamente aspiro a ser honesto. Neste comentario serei aínda máis subxectivo. Paseei Sargadelos dende neno, xoguei na súa estrutura circular en ducias de oportunidades. Admiro decididamente o labor de Isaac Díaz Pardo, esa teima en pechar o ciclo produtivo no país, tanto como me sorprende o seu intento por mudar a propiedade da empresa a unha fundación pública baixo control privado e familiar. A intelectualidade nacional fíxolle de escudo humano ao vello patrón para respaldar ese despropósito. Eu fun dos poucos que calamos coa prudencia de querer convecernos de que había algo que quedaba fóra do noso ámbito de coñecemento. Pero abrir unha sucursal en Cuba, ese paraíso da renda per cápita, me reafirmou na opinión de que a evolución non era a mellor. O negocio evolucionaba cara ao caos e a oferta, as figuras, levaban trinta anos sen evolucionar. Entendo que iso explica bastante.