dungeness-ship-wreck-ii-nina-papiorek

O sorprendente da sentenza do Prestige é que alguén se sorprenda. Neste país os delictos colectivos acaban carecendo de executores. Se se considera normal, e mesmo plausible e risible, agochar cantidades declarables a Facenda, como vai ser punible provocar unha desfeita ecolóxica. Salvada a parte económica recorrendo a cartos de todos, queda unha afrenta ecolóxica que, ao non afectar a seres humanos destacados socialmente, acaba diluída na súa consideración punible. A maioría de contribuíntes que pode defraudar impostos faino con soberbia como para preocuparnos agora das ameixas e os percebes. A regra máxima da actividade pública é que político salva a político e, de cara ao cidadán, unha perna tapa a outra. Aínda habemos agradecer que a sentenza estea redactada en galego, iso si que é exemplarizante.