Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 novembre 2013

CATRO VELLOS MARIÑEIROS

Sailor's_bunk_aboard_fleet_sub

Vivimos sometidos a azares contra os que nada  podemos facer. Resulta que a  quebra do Prestige foi unha catástrofe natural irremediable e da que ninguén ten que responder porque nin os armadores nin os responsables políticos pudieron evitar que un petroleiro monocasco sucase un océano violento con resultado de rutura. Eran catro vellos mariñeiros, todos metidos nun bote. Aínda debemos agradecer que non fosen pra Viveiro e non visen San Roque. A perda de cartos por parte dos preferentistas que investiron onde non sabían ten trazas de ser un delicto, pero non nos chamemos a engano porque acabará sendo outra catástrofe natural produto dunha nevarada caída a destempo. Cantaremos daquela: «Se ti viras o que eu vin na feira de Monterrroso, cinco xastres xuntos dacabalo dun raposo». En principio, a Xustiza escribe novelas de sentimentos positivos, mesmo hai fiscais que escriben contos protagonizados por princesas tan afortunadas que non saben ou non se decatan. Pero non todos os escritores teñen intencións rectas. Entre nós temos o talentoso Diego Ameixeiras que unha vez ao ano nos entrega unha obra na que nos amosa esa realidade diante da que pechamos os ollos. Tratou a desfeita do Bloque a sesenta millas da costa en Asasinato no Consello Nacional (Xerais) e este ano nos tocan os preferentistas e os embarazos indesexados das adolescentes en Matarte lentamente (Xerais). Se non lles gusta a realidade, sobre todo a realidade ben contada, eviten ler a Amexeiras. Poden probar a non saír á rúa nin ler a prensa e a cantar: «Apaga a lus, Marica Xesús, que hai moita lus moita claridá». 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité