Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 novembre 2013

UN BARCO DE VELA, UNHA COMETA AO VENTO

A hora era a mesma ca esta de hoxe medio século atrás. O home estaba trazando a lápis un veleiro abalado por unha onda cunha cometa ao vento. O escritorio pertencía a unha habitación do hotel Rice de Houston. Preparáranlla cunha colección de arte exquisita, con Picasso, Henry Moore ou Monet. A súa muller estaría deitada xa. Non durmirían xuntos porque os empregados esqueceran poñen un colchón especial que precisaba o home. O fío musical soa ao Round about midnight que Miles Davis gravara no 57, seis anos antes. Todo podería ser perfecto se non fose pola dor nas costas que lle impedía durmir e o puxera a debuxar inspirado pola decoración. Ao día seguinte, era Dallas, unha cidade que se lle resistira e que o domou.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité