Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 novembre 2013

OS PARTICIPIOS DE RAJOY

the-kennedy-years-book-01

Christopher Hitchens desprezaba a Kennedy como "un narcisista amante do risco" e Norman Mailer dedicoulle Superman vai ao supermercado para acabar desencantado co Galahad de Camelot. Este medio século dende o seu pasamento debería ter servido para equilibrar a visión que temos daquel heroe de guerra, alumno excepcional de Oxford e un dos mellores políticos da Historia, xunto con Adriano, Napoleón ou Churchill. Padecía unha certa soberbia, pero ese defecto conlevaba unha seguridade na súa intelixencia que lle evitaba o deplorable espectáculo das comparecencias (roldas de prensa sen preguntas) e, aínda non se inventaran, os televisores de plasma. Falaba cos periodistas sen escaparlles. Pero o asasinato en Dallas e a súa pulsión sexual enfermiza siguen desdebuxándoo. Sumarei a iso que foi presidente dos Estados Unidos, algo que toda a esquerda galega considera un mal en si mesmo. Pero se miramos aí fóra, se sopesamos a formación intelectual e a capacidade dialéctica dos nosos gobernantes a figura agrándase ata o xigantismo. Cansei de escoitar ao corifeo periodístico español que Mariano Rajoy é un gran parlamentario. Debe de ser por comparanza porque son incapaz de lembrarlle unha boa idea exposta cun mínimo de habelencia retórica. Xa non vou entrar na súa nulidade para pronunciar os participios. Niso campo non lle gaña Feijoo; aínda que, se miramos a capacidade xestora, Galicia está gobernada por Galbraight.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité