serge

Sergé Gaingsbourg ceaba no Pizzamóvil de Lugo. Non soubera del dende que se pechara na Rue de Verneuil para olvidar todos os seus amores e os terrores de ser un neno xudeo no París de Vichy. Comía un troncomóvil estricando os beizos anchos deixando en evidencia todo o arco do seu nariz e máis as pelotas de ping pong negras coas que vía. Cando miraba cara a min, certo de que non o recoñecera, exhibía as súas orellas adiantadas e os tres días sen barbearse. A súa acompañante non era unha acompañante de Gaingsbourg. Era tan guapa coma todas, pero repoluda coma ningunha. Supuxen que, tras anos, buscando a rapaza que o rexeitou de neno pola fealdade, procurara unha nai que lle brindase un agarimo que non debe compartir.