Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 novembre 2013

A VIOLENCIA CATEGORIZADA

 

nyc15335_usa_new_york_city_2000_web

 

No día adicado a erradicar o xeito de exercer a violencia máis grave, polo que ten de cercanía sentimental entre vítima e verdugo, acordei da última -temo que non a derradeira- farfallada de Rafael Hernando. O voceiro adxunto do PP no Congreso afirmou que "algúns acordaron do pai cando había subvencións para atopalo". O representante conservador esqueceu que durante décadas de ditadura e de democracia non se puido reclamar nada relacionado cos perdedores da Guerra Civil. Poderíamos establecer un paralelismo coas vítimas de ETA que Hernando, loxicamente, respalda. Pregúntome por que a súa calidade vitimaria lle parece superior á dos mortos polos franquistas. Resulta humano que quen padeceron de cerca un asasinato pidan axudas. Non mo parece tanto que se financie a eses profesionais que dirixen colectivos de vítimas de motivación política. Unha volta máis, discrepo de que o Estado deba facer un aparte para financiar a eses dirixentes. En caso de asasinato, non deberíamos establecer eses banzos que sitúan ás vítimas da ira política por riba das vítimas da ira íntima. 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité