Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 novembre 2013

A HOMBRÍA NAS AULAS

 

HOMBRÍA

O profesor de Maxisterio Domingo Neira García opina que "os homosexuais carecen de hombría para dar clase". Os valores do educante deben estar máis relacionados coa moderación que coa ousadía. A teoría cae dende a propia formulación, pero vou traballar sobre ela. Tomemos a hombría como unha cualidade absoluta. A situación da docencia é complicada, tanto polo empeoramento das condicións salariais coma polo envalontenamento levantisco dunha parte do alumnado, que nega toda a autoridade aos profesores alentado polos seus propios pais. Os docentes son tan criticados que ás veces, nisto dou a razón a Neira García, precisan dun reforzo de coraxe para formar aos nosos estudantes. O argumento do profesor da USC queda desconstruído no punto en que relaciona graos de valentía e tendencia sexual. Non lle vou lembrar casos de afouteza en homosexuais por non incomodalo, pero a propia loita da comunidade gay pola normalidade é unha mostra xeral e continuada. Requiro agora valentía das autoridades universitarias para que este profesor incivilizado pase á reserva académica e o seu manual, ausente de rigor científico, sexa exposto na Sala de Armas como curiosidade marcial. A seguir, deberían explicarnos o motivo de que leve tantos anos dando clases sen unha chamada de atención.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité