jeudi 28 novembre 2013

¿ERES DE LA ETA?

  Kepa Junkera chamoume desconcertado. Nunha entrevista que me concedeu onte pregunteille por un seu apoio aos dereitos dos presos de ETA que relacionei coa anulación da Doctrina Parot. A cuestión era tanxencial nun contexto xeral referido ao seu disco Galiza. O músico contestoume, coa mesma cordialidade e sensatez ca no resto do noso diálogo, que el desexaba un remate civilizado ao conflito vasco. Alguén leu perversamente a entrevista e reprochoulle simpatía cos terroristas. Junkera faloume coa dor impactada do adolescente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:32 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 27 novembre 2013

A HOMBRÍA NAS AULAS

  O profesor de Maxisterio Domingo Neira García opina que "os homosexuais carecen de hombría para dar clase". Os valores do educante deben estar máis relacionados coa moderación que coa ousadía. A teoría cae dende a propia formulación, pero vou traballar sobre ela. Tomemos a hombría como unha cualidade absoluta. A situación da docencia é complicada, tanto polo empeoramento das condicións salariais coma polo envalontenamento levantisco dunha parte do alumnado, que nega toda a autoridade aos profesores alentado polos seus... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:19 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 26 novembre 2013

GALICIA NA LIBRA ESCOITANDO A BBC

O cachalote que se comezou a expoñer en Sanxenxo lembroume ao pesimismo de Burke sobre España cando a definiu no século XVIII como “unha gran balea varada nas costas de Europa”. Non parece que o asunto vaia mellorar agora que o PP decidiu cesar de subvencionar con cartos de todos nós a folganza de Santiago Abascal na fundación Defensa de la Nación Española e Santiago Abascal deixou de representar a facción máis amencer dourado do PP. Non era que lle faltase o traballo a Abascal, porque ese remexallo de mitos áulicos, covadongas de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:55 - Commentaires [2] - Permalien [#]
lundi 25 novembre 2013

A VIOLENCIA CATEGORIZADA

    No día adicado a erradicar o xeito de exercer a violencia máis grave, polo que ten de cercanía sentimental entre vítima e verdugo, acordei da última -temo que non a derradeira- farfallada de Rafael Hernando. O voceiro adxunto do PP no Congreso afirmou que "algúns acordaron do pai cando había subvencións para atopalo". O representante conservador esqueceu que durante décadas de ditadura e de democracia non se puido reclamar nada relacionado cos perdedores da Guerra Civil. Poderíamos establecer un paralelismo coas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 24 novembre 2013

OS BARES E AS BIBLIOTECAS

  Doris Lessing aseguraba que as bibliotecas son os lugares máis democráticos porque permiten pedir o que queiras. Niso semellan bares. Tamén podes entrar e pedir o que desexes. As bibliotecas teñen a vantaxe de que ninguén bracea e berra a un televisor para dirixir imaxes bidimensionais de futbolistas. Outra pexa dos bares é que cobran, como acontece nas librarías. As librarías empezan a habilitar zonas de cafetería e a reunir os lectores en clubs para tratar de salvarse do tornado dixital. A mesma visión chegou ás... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 04:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 23 novembre 2013

UN AGARIMO QUE NON COMPARTE

Sergé Gaingsbourg ceaba no Pizzamóvil de Lugo. Non soubera del dende que se pechara na Rue de Verneuil para olvidar todos os seus amores e os terrores de ser un neno xudeo no París de Vichy. Comía un troncomóvil estricando os beizos anchos deixando en evidencia todo o arco do seu nariz e máis as pelotas de ping pong negras coas que vía. Cando miraba cara a min, certo de que non o recoñecera, exhibía as súas orellas adiantadas e os tres días sen barbearse. A súa acompañante non era unha acompañante de Gaingsbourg. Era tan guapa coma... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:17 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 22 novembre 2013

OS PARTICIPIOS DE RAJOY

Christopher Hitchens desprezaba a Kennedy como "un narcisista amante do risco" e Norman Mailer dedicoulle Superman vai ao supermercado para acabar desencantado co Galahad de Camelot. Este medio século dende o seu pasamento debería ter servido para equilibrar a visión que temos daquel heroe de guerra, alumno excepcional de Oxford e un dos mellores políticos da Historia, xunto con Adriano, Napoleón ou Churchill. Padecía unha certa soberbia, pero ese defecto conlevaba unha seguridade na súa intelixencia que lle evitaba o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 21 novembre 2013

UN BARCO DE VELA, UNHA COMETA AO VENTO

A hora era a mesma ca esta de hoxe medio século atrás. O home estaba trazando a lápis un veleiro abalado por unha onda cunha cometa ao vento. O escritorio pertencía a unha habitación do hotel Rice de Houston. Preparáranlla cunha colección de arte exquisita, con Picasso, Henry Moore ou Monet. A súa muller estaría deitada xa. Non durmirían xuntos porque os empregados esqueceran poñen un colchón especial que precisaba o home. O fío musical soa ao Round about midnight que Miles Davis gravara no 57, seis anos antes. Todo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 18 novembre 2013

O COCHE DE SESTAYO

A miña experiencia con coches oficiais é inclinadamente exterior. Nunca estiven dentro dun. Non sei se debería confesar este trauma nun país nunha democracia que se caracteriza polo seu parque automobilístico. O primeiro que se fai cando se accede a un cargo é subir a un coche oficial; o segundo, convidar a dar unha volta a familia e demáis amizades ás que impactar. Había un convencemento omnímodo de que Fraga nunca descendera dun coche oficial. Unha afirmación da que empecei a dubidar no día no que o seu amigo Carlos El Jefe me... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 17 novembre 2013

CATRO VELLOS MARIÑEIROS

Vivimos sometidos a azares contra os que nada  podemos facer. Resulta que a  quebra do Prestige foi unha catástrofe natural irremediable e da que ninguén ten que responder porque nin os armadores nin os responsables políticos pudieron evitar que un petroleiro monocasco sucase un océano violento con resultado de rutura. Eran catro vellos mariñeiros, todos metidos nun bote. Aínda debemos agradecer que non fosen pra Viveiro e non visen San Roque. A perda de cartos por parte dos preferentistas que investiron onde non sabían... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]