dimanche 3 novembre 2013

UN PAR DE ZAPATOS

Todo o que se precisa para ser un bo periodista é un par de zapatos resistentes e atender aos detalles. Tom Wolfe sábeo dende que no 62 empezou a sobrevoar Nova York cos seus traxes brancos, tan propios dese sur algodonado e solleiro do que procedía. A súa extravagancia e os seus signos de admiración empezaron a amolar dende o momento en que irrompeu na redacción do Tribune. O mellor que pode facer un xornalista é pasar desapercibido cando consigue información e destacar todo o que poida cando publica. Tom Wolfe atende soamente á... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 2 novembre 2013

SILENCIO EN GERNIKA, VALENTÍA EN ORIENTE

Volvo sentir falar do silencio cómplice dos vascos con ETA comparado co silencio cómplice dos alemáns cos nazis co gallo da anulación da Chapuza Parot. O valor de significarse é o que máis reclamamos dos demáis. Que conste que comparto que un asasino reincidente debe completar a integridade da condena. Galindo, condenado a 75 años por dous crimes, cumpriu catro anos e catro meses de condea. Pero, cando volven berrar o silencio cómplice, lembro a Praza de Oriente en Madrid abarrotada, brazos felices ao vento, berros de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 1 novembre 2013

AS ONDAS DA BBC

O truco consistía en mirar o derradeiro Telediario a Mariano Medina para confirmar que había galerna na Canle da Mancha. Daquela collía unha radio de man, subía ao mastre máis alto da Casa do Gato e sintonizaba a BBC para a voz impertubada do xornalista falando inglés sen variación tonal, interrompida unicamente polas ondas feras batendo contra Hastings.
Posté par Jaureguizar à 12:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]