Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 décembre 2013

O PESO DO LADRILLO

 

Swingandthecity05

Ferruccio Lamborghini era un home asentado na terra, polo que emprendeu un negocio de mercar vehículos convertidos en chatarra pola Segunda Guerra Mundial e transformalos en tractores. O negocio correu tanto que logo puido comprar un Ferrari 250 GTB. Nada tardou en darlle en darlle problemas co embrague. Desmontouno para pasmarse ao descubrir que era como os que montaba el nos seus tractores por un prezo moi inferior. Irritado, mudou de negocio e construíu o Lamborghini 350 GTV para presentalo tres meses despois na feira do automóbil de Milán. O caso de Ferruccio Lamborghini foi un exemplo de ascenso ao luxo, como o que logrou o pintor Renoir en Niza, que pasou das pensións a unha mansión. Debeu de cruzar no camiño coa Bela Otero, que baixaba dende a cuíña exquisita na que vivía en Vila Carolina a unha habitación na que se entretiña botando pan ás pombas, segundo lle leo na esforzada reportaxe que María Xosé Queizán lle fai en ‘O solpor da cupletista’ (Xerais). A escritora fai un intento ben meritorio por discernir entre Carolina Otero, nacida en Valga e violada aos dez anos, e A Bela Otero, cabareteira gaditana que se arriqueceu a base de convencer a ricos para que lle entregasen as súas fortunas a cambio dun amor, que supoñemos que complementaba con entregas estritamente físicas. A arte da ambición ten esas normas. Lamborghini non deu rematado o seu deportivo a tempo para a presentación en Milán. Faltáballe o motor, polo que mandou encher o prototipo con ladrillos para que non se notase o peso. Ben coñecemos estes anos a solidez do ladrillo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité