dimanche 1 décembre 2013

O PESO DO LADRILLO

  Ferruccio Lamborghini era un home asentado na terra, polo que emprendeu un negocio de mercar vehículos convertidos en chatarra pola Segunda Guerra Mundial e transformalos en tractores. O negocio correu tanto que logo puido comprar un Ferrari 250 GTB. Nada tardou en darlle en darlle problemas co embrague. Desmontouno para pasmarse ao descubrir que era como os que montaba el nos seus tractores por un prezo moi inferior. Irritado, mudou de negocio e construíu o Lamborghini 350 GTV para presentalo tres meses despois na feira do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 1 décembre 2013

TRANSFUSIÓN

  Os antiabortistas decidiron adentrarse salvaxemente no xénero gore cunha campaña de imaxes nos autobuses de Madrid. Ignorando cruelmente o beco que pode empuxar a alguén a actuar coma critican. Cómpre pensar como respostarían se as testemuñas de Xehová clamasen contra as transfusións exhibindo fotografías de transplantes de ril quitadas en quirófano.
Posté par Jaureguizar à 10:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]