Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 décembre 2013

A MENTE EN BRANCO

Poster - Killers, The (1946)_03

Publican conversas de cela a cela entre dous imputados por asasinato. O home incita a calmarse á muller: "Deixa a mente en branco". Sabe que os están gravando, polo que trata de que ela non ceiba nada perxudicial. Pide un imposible. Ninguén vai poñer o cerebro de cen a cero nunhas circunstancias de extrema incerteza coma as que padecen. Na noite, lía un relato de Hemingway. Dous homes saben que van matar un terceiro, aínda que non saben o motivo. Van avisalo. O Sueco, a vítima potencial, rexeita escapar aínda que ten prazo para facelo. Un dos salvadores frustrados trata de buscar unha lóxica ao crime que se vai cometer e ao motivo que ten O Sueco para deixarse matar. "Mellor non pensar niso", dille o outro.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité