jeudi 5 décembre 2013

A MENTE EN BRANCO

Publican conversas de cela a cela entre dous imputados por asasinato. O home incita a calmarse á muller: "Deixa a mente en branco". Sabe que os están gravando, polo que trata de que ela non ceiba nada perxudicial. Pide un imposible. Ninguén vai poñer o cerebro de cen a cero nunhas circunstancias de extrema incerteza coma as que padecen. Na noite, lía un relato de Hemingway. Dous homes saben que van matar un terceiro, aínda que non saben o motivo. Van avisalo. O Sueco, a vítima potencial, rexeita escapar aínda que ten prazo para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]