Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 décembre 2013

OS PERIODISTAS CÍTANSE EN BARES

 

MIKE KRUSE

Os periodistas reparten a vida entre lugares con barra e televisor estentóreo, e a redacción. A  casa é un dormitorio para render o cansanzo durante unhas horas escuras. A falta dun acubillo confortable, cítanse nos bares. A min non me gustan os bares porque están cheos de señores e de señoras organizando cidades, reescribindo equipos de fútbol e detallando preguizosas paisaxes de caza e pesca. Pero Nacho Mirás citoume nun bar e non vou faltar. Levo tanto tempo admirando a distancia intelixente coa que moldea a realidade que conseguirá que entre nun bar e mesmo que me sobrepoña a miña timidez túzara para abrazalo coma se fose un irmán xemelgo do que me afastara unha guerra, un erro hospitalario ou o destino. Seguir o traballo dun profesional coa conmoción emocionada coa que o fago cos seus escritos alimenta unha confianza quente e doce que se impón á certeza de que nunca nos falamos en persoa. O encontro non vai ser hoxe nin mañá porque Nacho non pode, pero logo será. 

Photo: Michael Kruse

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité