Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 décembre 2013

INDITEX ANULA A LOITA DE CLASES

grande central during world warII

O anuncio de Inditex de que medrou en vendas e un comentario de Enmanuel no anterior número do Cabaret Voltaire levoume a retomar o asunto da revolución pendente. A pesar de non ser eu marxista recoñezo que todos os vectores económicos e sociais se van concentrando no cumprimento da profecía de Marx sobre a concentración do capital. Parece que tras a volta do camiño desta crise recuperaremos emprego, a salarios máis baixos, e unha minoría de ricos cada vez máis vertical e de menor base. O consumo volverá animar a economía, pero a rebaixa da capacidade de gasto das clases medias fará que sexa un consumo desconfiado co futuro e pouco superior en luxo á subsistencia, o que concorda co anuncio de Inditex. Non volverán en décadas os felices anos 10 do século XXI con nutridos sectores da poboación celebrando coa Visa unha riqueza tan recente como volatil. Desboto unha revolución porque a sociedade é demasiado sofisticada e a loita de clases está difuminada en numerosos niveis de renda con escasas diferenzas entre clases baixas e medias. Como consecuencia diso, semella imposible que haxa uns individuos que se sentan cercanos a outros da súa categoría económica e exclúan a terceiros arredor do que Marx chamaba clase. Outra consecuencia é que o aumento das diferenzas entre as masas empobrecidas e as elites podentes xerará un aumento na raiba investida no que Sloterdijk chama os bancos de ira, causando que a democracia sexa vista coma un ritual que soamente exercitan uns profesionais regulamentando para manter a fortuna das elites nun exercicio que estas lles devolverán financiando os seus cargos. Daquela, asistirei horrorizado a un aumento en representación institucional dos partidos apolíticos, dos políticos "non-profesionais", máis cercanos a empresas de marketing ca a grupos ideolóxicos. As elites continuarán sucedéndonse por promoción interna.

Publicité
Publicité
Commentaires
E
Grazas pola mención!, (que por certo, Emmanuel, con dúas emes!)

Agora, ningún dos dous somos adiviños, pero eu penso que a nada que nos volvan a extender unha man cun cheque, imos volver a morder a man, coma nos felices anos 10. A propaganda capitalista sempre funciona porque ten ós mellores profesionais atacando dende miles de frontes, incluso para facer crer a un articulista coma vostede que existe a clase media. Marx falou de duas clase neste sistema, explotadores e explotados, e por moito que unha persoa teña un Audi e un iPhone, se non posue os medios cos que gaña a vida, é un explotado, ben pagado, pero explotado.

A pena e que acerta no do pouco acercamento entre explotados de distintas rentas. Fixeronnos crer que somos diferentes, que buscamos cousas diferentes e unha zenoria colgada diante e anteolleiras é o único que necesitamos para seguir mantendo estas diferencias.

Triste pero certo, esta todo moi ben artellado.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité