Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 décembre 2013

OS SETE MARES DE PEMEX

starwars

Christopher Hitchens miraba a Churchill coma unha estatuta de Lenin derrubada sobre a que martelear. Botou a infancia admirando a aquel señor repoludo con riscos de bulldog con falta de horas de sono e dedicou moitas reflexións a golpear na chatarra deitada da lenda. En Amor, pobreza y guerra (Debolsillo) reserva todo un capítulo a reseñar a vacuidade da estatua que Gran Bretaña montou ao seu primeiro ministro. O ensaio comeza explicando que o discurso adoito mal citado das bágoas e o esforzo foi pronunciado por un actor. A lección que tiro dálle a volta ao discurso de Hitchens. Poida que Churchill fose un farsante, pero esa impostura axudou ao seu país a facer beneficio de inventario do Imperio Británico, impoñerse á barbarie nazi e reconstruírse. Boto en falta un político así en Galicia. Feijoo sabe ler ben o presente, é habil colocando cada cousa no seu sitio, pero nunca ergue a cabeza dos libros de contabilidade. O imperio galego do sector primario está perdendo todos os territorios de ultramar, mesmo os propios da metrópole. O sector naval parou no relanzo no seu descenso á ruína. Pemex traerá mañá algunhas solucións para uns anos en Vigo e poida que algunha medida favorable para Ferrol, pero a propia natureza dos barcos é facer porto e zarpar, vivir nos sete mares. Galicia segue carecendo dalgunha idea para o futuro, porque o sector lácteo tampouco se decide a mudar nunha industria de transformación e o textil avanza estreitamente pegado aos intereses de Amancio Ortega que, irreprochablemente, non teñen por que cadrar cos dos país. A area de planificación corresponde aos políticos e non atopo ningún que sexa quen de trazar un plan sólido a dez anos vista. Máis ben lembran a Federico II de Prusia que, paseando por unha batalla, deecubriu a un soldado agonizando. Logo lle correxiu a actitude: "Por favor, hai que saber morrer".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité