Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 décembre 2013

A REDENCIÓN IMPOSIBLE

life noel

Lois tenme contado de alguén, non lembro nidiamente se Torrente, que se baixa dun tren no que regresa a Galicia tras o golpe de estado do 36 e vai na procura de Cunqueiro, que agardaba por el. "Álvaro, que fas con camisa azul?" "Que que fago? Salvar a vida. E o primero que vou facer é poñerche a ti outra". Non me cadra Torrente porque, segundo un alporizado Suso de Toro, dirixía a revista da Falanxe en Ferrol ao pouco, en 1937, "nos días de gabias e paredóns". Ao ambente de varias lecturas levo uns días pensando que a dereita nunca tivo grandes escritores, matizarei que, para min, a categoría de gran escritor precisa tamén dun pensamento minimamente complexo. Ando lendo A cousa de Heidegger en Axóuxere. O poder intelectual de tan repobable talento é inmenso. Un dereitista con fundamento intelectual. Risco tamén o foi. Pero penso nos melancólicos conversos que temos na cultura galega e claro... Cando paguei o segundo prazo do IRPF, en novembro, estiven tentado a activar o meu cinismo e empezar a escribir contra o PSOE coma se non houbese mañá, mesmo como se os socialistas gobernasen na provincia de Ourense encargando bolsos auténticos de imitación. Mesmo botei as contas de que, sendo menos na banda da dereita, tocaríamos a máis conferencias e recitais. Pero, enténdanme, poñerse ao seu carón, con ese tricot de obviedades, non alenta. Ben, confeso, empecei a ler a Julio Camba, un gamberro xenial, pero limitadiño. Boteime a Sloterdijk. Espectacular, esmagantemente lúcido, pero o alemán non é de dereitas, é un anarcoliberal que se diferenza do Cioran en que non precisa da súa pose de caos para facerse agradable de ler. Boto man do Luzes para ler o agradable intento de entrevista de Henrique Mariño a Antonio Escohotado. Debíalles unha lectura a ambos os dous: Mariño é un periodista talentoso cargado de futuro e Escohotado, un filósofo que aproveita a carga pesada do seu pasado para facer unhas formulacións que nunca decepcionan. Henrique Mariño preparou e enfoca a entrevista situándose nunha posición ben suxestiva, pero de nada serviu. Escohotado contesta, coma bucaneiro que é, o que lle peta. Fundamentalmente se refire aos contidos do seu último libro; non parece que porque pretenda vender o que non vendeu, senón porque ten un interese sinceiro en desmantelar teoricamente o comunismo, é dicir, en retrucar ao seu pasado. Sitúase no liberalismo, pero non dá agochada a súa natureza ácrata presente mesmo nese titular tan ben escollido: "Hai unha caterva que se mete en política para acceder a un rango ao que non accedería como profesional".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité