Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 décembre 2013

ONCEPORCENTAZO

baltimore

O señor ministro Soria leva unha carreira ascendente na escaleira protagónica do Cabaret Voltaire co seu show electrizante, pero o señor ministro Gallardón vai gañando aplausos nas entradas máis populares coa contrarreforma abortiva. Ambos as propostas teñen que ver con que ao seu partido non lle saen os números. O señor Soria practicou durante todo o seu mandato o laissez faire liberal coas compañías eléctricas, confiando en que o seu parecido físico co señor Aznar lle garantise volver a facer xirar a cadea de favores coa Gran Burguesía. O señor Soria carece da asertividade e intelixencia sociopolítica do señor Aznar e, a maiores, dunha garantía de gañar os procesos electorais que se nos aveñen. Ao reparar en que unha boa parte dos sufridores do onceporcentazo son votantes do Partido Popular, o ministro de Industria regresou á natureza fundacional do seu cargo apelando ao ben público. A boas horas acordou o PP da encarga que se lle fixera coa sacrosanta vitoria absoluta que lle deron. Desbordado polo escenario do pánico, o señor Soria deitou co brazo todas as fichas do taboeiro e rompeu os papeis das normas, mesmo as que non estaban escritas. O tempo esgótase e seguimos ignorando como se vai organizar esta lea. Se o señor Soria traballa coas expectativas de voto perdidas recentemente, o señor Gallardón recibiu unha xeira aínda máis complexa: recompoñer as expectativas de voto anteriores ao señor Aznar que xa están resesas. A súa actuación foi desmontar unha estrutura lexislativa que viña funcionando razoablemente ben na medida en que as parellas podían traer ao mundo nenos no caso de que se desen unha condicións mínimas de habitabilidade. O señor Gallardón decidiu, co asentimento entusiasta de señores e señoras que teñen prohibido reproducírense por motivos relixiosos, que o que pode ser chegar a ser persoa xa o é. O ministro nega o avance do tempo. Está certo de que, se as células de dúas persoas están unidas, unha entidade espirituallogo lles insufla unha entelequia coñecida coma alma. O señor Rajoy podería explicárllelo a xeito a través dun plasma porque eu non o comprendo, pero supoño que esa instantaneidade do alimento espiritual converte ao conxunto de células emparelladas nun ser autónomo e nega, loxicamente, toda ocasión a unha lei de prazos. Esta tarde levei ao cinema aos cativos mirar Lluvia de albóndigas. Ao primeiro resisitínme porque pensei que retransmitIrían en streaming o Consello de Señores Ministros.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité