PREMIOS CABARET VOLTAIRE Á MODA DE JAUREGUIZAR 2013
Este ano lin tramos duns sesenta libros e rematei 32. Entre estes últimos vou escoller por motivos subxectivos, caprichosos e escuros os que máis me interesaron.
Premio Novelaza do Ano. Mr. Gwyn (Galaxia) de Alessandro Baricco e O sentido dun final (Rinoceronte) de Julian Barnes.
Premio Que Novela tan Interesante. Os xornalistas utópicos (Xerais) de Manuel Veiga.
Premio Ensaio que Ninguén Debería Perderse. En el mismo barco (Siruela) de Peter Sloterdijk.
Premio Canta Lucidez. Sobre la violencia (Alianza) de Hannah Arendt.
Premio Unha Entrevista Interesantísima. El olor a sangre humana no se quita de los ojos (Acantilado). Frank Maubert entrevista a Frank Maubert.
Premio Lean da Segunda Metade ata o Final: Hitch-22 (Debate) de Christopher Hitchens.
Photo: Chistopher Hitchens