samedi 14 décembre 2013

A INTERNACIONAL DA GABARDINA

PERMÍTANME atreverme a catalogar ditaduras. Todas son penosas, como nos lembra a morte do  home que deitou o apartheid, e os graos de crueldade darían para elaborar un listado con Hitler e Stalin competindo polo premio especial, pero gustaríame clasificalas polo grao de surrealismo. Nese campo, a ditadura franquista andaba ben clasificada coa súa escenografía ridícula de sabres marciais, crucifixos e retratos do ferrolán, pero os gobernos totalitarios do Leste sempre se me antoxaron máis sofisticados no humor macabro. Esas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 13 décembre 2013

O ESTADO ASOCIADO DE EUROVEGAS

Cheguei do xornal na volta de venres para sábado e, mentres ceaba xarda en escabeche, andei mirando dúas crónicas sobre a decadencia de senllos imperios. Un documental británico presentado por un home de apariencia sarracena sobre a caída do Imperio Otomano e un especial sobre o descenso á sala de caldeiras da familia Mohedano, esa etnia que se presenta ao mundo como Jurado pola famosa cantante que tivo de matriarca. A primeira axudoume a tocar coas xemas dos dedos a lama que hai no fondo desa corrente racista que tantos austríacos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 12 décembre 2013

INDITEX ANULA A LOITA DE CLASES

O anuncio de Inditex de que medrou en vendas e un comentario de Enmanuel no anterior número do Cabaret Voltaire levoume a retomar o asunto da revolución pendente. A pesar de non ser eu marxista recoñezo que todos os vectores económicos e sociais se van concentrando no cumprimento da profecía de Marx sobre a concentración do capital. Parece que tras a volta do camiño desta crise recuperaremos emprego, a salarios máis baixos, e unha minoría de ricos cada vez máis vertical e de menor base. O consumo volverá animar a economía, pero a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:54 - Commentaires [1] - Permalien [#]
mercredi 11 décembre 2013

A PRÓXIMA REVOLUCIÓN DEBERÍA SER FISCAL

A afirmación de Kojève deixoume tan pampo como o público que o escoitaba nunha conferencia en Düsseldorf en 1957: "Henry Ford é o único marxista ortodoxo do século XX". A falta de estensión do argumento, supuxen que a idea do filósofo xiraba arredor da man de obra masiva que xerou o empresario ao industrializar a produción, pero non me atrevo con esa lectura. Kojève é un filósofo moi comentado no mundo francófono e anglófono, pero non entre nós, malia crear a teoría da Fin da Historia que reformularía torpemente Fukuyama. Kojève... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:15 - Commentaires [6] - Permalien [#]
mardi 10 décembre 2013

OS PERIODISTAS CÍTANSE EN BARES

  Os periodistas reparten a vida entre lugares con barra e televisor estentóreo, e a redacción. A  casa é un dormitorio para render o cansanzo durante unhas horas escuras. A falta dun acubillo confortable, cítanse nos bares. A min non me gustan os bares porque están cheos de señores e de señoras organizando cidades, reescribindo equipos de fútbol e detallando preguizosas paisaxes de caza e pesca. Pero Nacho Mirás citoume nun bar e non vou faltar. Levo tanto tempo admirando a distancia intelixente coa que moldea a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 8 décembre 2013

O PRIMEIRO HOME

  A canción máis programada polas emisoras de Estados Unidos cada vez que o seu exército se mete a combater na praia ardente de Oriente Medio é Killing an arab (Matando un árabe). O seu compositor, Robert Smith, líder da banda británica The Cure, escribiu: «Estou vivo/estou morto/son o estranxeiro/matando un árabe». Durante a xira de promoción por Norteamérica, Smith desesperou subliñando que a mensaxe do tema non era racista, senón que buscaba reproducir a escea na que Meursault —protagonista de O estranxeiro, de Albert... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 7 décembre 2013

O EDIFICIO LUGO

Hai edificios en Lugo que servirían para reconstruír medio século de cidade. Mesmo hai barrios que reproducen a provincia, cos chairegos asentados na Milagrosa; os chegados da Montaña na avenida das Fontiñas e os migrados dende o sur na Fonte dos Ranchos. Parece que a vida fose para eles a fin de semana na casa e unha suspensión laboral de cinco días. No sábado e domingo Lugo queda para os lugueses de toda a vida que soamente se permiten unha pausa vespertina para pasear por Marineda City. O escritor Alaa Al Aswany chegou a meter... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:32 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 5 décembre 2013

A MENTE EN BRANCO

Publican conversas de cela a cela entre dous imputados por asasinato. O home incita a calmarse á muller: "Deixa a mente en branco". Sabe que os están gravando, polo que trata de que ela non ceiba nada perxudicial. Pide un imposible. Ninguén vai poñer o cerebro de cen a cero nunhas circunstancias de extrema incerteza coma as que padecen. Na noite, lía un relato de Hemingway. Dous homes saben que van matar un terceiro, aínda que non saben o motivo. Van avisalo. O Sueco, a vítima potencial, rexeita escapar aínda que ten prazo para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 4 décembre 2013

UNHA LIBRE ELECCIÓN PAGADA A ESCOTE

Miguel Santalices defendía esta mañá a asepsia da Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias louvando que ampliaba a libre elección de profesionais médicos, unha disponibilidade que, se non nos custase a todos, eu aprobaría. Concordo co deputado popular no seu rexeitamento das acusacións opositoras no senso de que a norma acentuaba a privatización da sanidade pública galega pola canalización de cartos da Xunta cara ao sector privado. Efectivamente, desviar pacientes a empresas con ánimo de lucro non é privatizar a sanidade... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 3 décembre 2013

UNHA BISAGRA DE TABLETAS

O sistema parlamentario español vai arrimándose ao caos. O partido gobernante loita casa a casa para que a corrupción non acabe por esborrallar a súa cúpula, que levaría canda ela as estruturas básicas, e o líder da oposición trata de achicar auga no seu liderado, cheo de vías de escape a babor e estribor. Tan ocupado está o PSOE en amosar unha cara de potencial goberno, aínda en esquema, que cedeu o labor de oposición a un xornalista, Pedro J. Ramírez, que mañá tras mañá vai deixando fotografías da ausencia de vergoña na falanxe... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]