Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 janvier 2014

TRES COUSAS

dancers-pedicure-vogue-1950

Diana López Varela ten tres cousas interesantes: intelixencia, frescura e unha cona. A primeira abonda máis do que parece e a segunda, menos do que nos gustaría aos lectores. Sobre a terceira non vou opinar porque xa disertou ela con acerto e maxima concorrencia. A miña vocación xinecolóxica é regresiva. Sigo Suspenso en Religión dende que descubrín que empezara a escribir a rapaza atractiva e desenvolta á que ás veces miraba falando sen voz nunha pantalla que temos no adrio do xornal. Os blogs de rapazas atractivas e desenvoltas van de par da miña vocación xinecolóxica, porque todas elas acaban publicando un libro estúpido e sentando en primeira fila nos desfiles onda Marichalar, certas de que eses dous son os elementos que constrúen o triunfo. Diana venceu a miña resistencia. A entrada sobre a súa cona pareceume unha visión naturalista, moi de Pardo Bazán sobreposta ao medo á moral social. Espero que ese Joseph de Maistre que exerce o seu ministerio laico dotando de sacralidade calquera útero polo feito biolóxico de selo lea e valore o seu argumentario.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité