
ANDO LENDO varios libros en paralelo. Estará vostede imaxinando a miña atención lectora coma unha autovía veloz de cinco carrís. Non tal. O negativo de andar tonteando dun volume para outro é que non se avanza de modo mensurable. Dous textos nos que ando nestes días de abalarme entre gambas, somnolencia e cava —catalán, of course— son de Galaxia: Risco segundo Risco, de Antón Risco e Arturo Lezcano, e Para que nos sirve Galiza?, de Xaime Subiela. No primeiro, Risco jr. contesta. No segundo, Vicente Risco aparece como Frodo Bolsón. A...
[Lire la suite]