lundi 6 janvier 2014

A ESPÍA QUE SE ME CONFESOU

 Hai máis de vinte anos intentei que me amase unha espía. Na primeira noite que nos asomamos ao neón brillante de pubs confesoume o seu oficio. Resgardarei os datos por prevención, pero traballaba no Servizo de Información da Garda Civil, ou iso me contou. O seu labor consistía en asistir a clases nunha universidade vasca coa misión de infiltrarse nos ambientes da esquerda independentista. Era necesariamente nova e necesariamente guapa. Imaxino que o tacón e a minisaia coas que se me presentaba quedaban na casa delegando a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]