Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 janvier 2014

O SILENCIO SÓLIDO

0catalaroca6

Aínda estou impactado co que me aconteceu esta madrugada por volta das seis. Acordei asustado por culpa de falta de ruído. Todo estaba ás escuras que se pode estar nunha cidade, coa luz de farolas entremeténdose no piso a través do salón; a familia durmía e o móbil da miña muller deixara de chiar para pedir alimento eléctrico na cociña. Acordei do bo libro que Fran Alonso titulou Silencio pero, ao contrario ca o seu personaxe, eu tiña medo do que non escoitaba. O silencio era como un bloque sólido. Meteume pánico porque eu nunca vivín cunha ausencia tan pura de son. De neno vivía no campo, nun silencio escuro, pero o meu barrio estaba avencidado de ducias de gatos. Botaban a noite berrando polas rabuñaduras que se facían nos fuciños nas pelexas. Lembro agora, e rectifico, que de noite miañaban coma bebés. Iso tamén me causaba desacougo. Temía que houbese algún pequeno abandonado na rúa, ignorar o auxilio ao día seguinte e atopar o seu cadaver conxelado na maña seguinte. No abrente eran os paxaros os que nos mantiñan nun nivel confortable de ruído. Pero o silencio desta madrugada era un silencio de película cando serve antesala do crime. Erguínme a ler un chisco, Mocidade (Rinoceronte) de Coetzee. El fala do seu desconcertado primeiro inverno en Londres, da soidade dun surafricano afeito á calor amable nunha pensión axelada, da noite na que lle rebentou unha cañería. Cando espertou e puxo un pe no chan para erguerse sentíu un frío sólido. A auga da fuga formara un charco de xelo.

Photo: Francesc Català Roca

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité