timesharing

Despois de vinte anos e outros tantos libros publicados, gustaríame compartir algo do aprendido e algo do errado con todos os lectores do Cabaret Voltaire. Con esa finalidade vou someterme a unha ensinanza regrada e estruturada en forma de cursiño e baixo o nome de Relatos cotidianos grazas ao abeiro que me brinda a Uned. O obradoiro, que impartirei nas tarde dos vindeiros venres 17 e 31, tratará de apuntar os elementos básicos para a construcción dun conto. Existen as posibilidades de acudir en persoa no centro da Uned en Lugo ou de seguilo por streaming.