vendredi 10 janvier 2014

HUMIDADES ESCÉNICAS

Esta tarde tirei resignadamente dous queipos cheos de libros da vella Austral. O moble no que estaban linda cunha parede do meu edificio no que zoupan o vento e a choiva con toda a forza dos deuses galaicos de Manuel Gago. Lambidos pola humidade, comiscados pola taraza. Ao deitalos tiven un respecto para o pasamento de Castellet e para todo o que lle debe a cultura española ao seu labor editor. Os libros sacrificados pertenceran ao meu tío homónimo, que partillaba o seu carlismo coa súa sabedoría sobre África -botou un tempo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]