Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 janvier 2014

CASA E PERSOAS

pescozos

A esencia e virtude da monarquía, segundo os seus atribularios, é a serenidade atemporal. Din que os gobernos mudan, os políticos pasan, as súas amantes pasen en non quedan nas revistas, pero unha casa real ten vocación de perpetuidade. A fórmula baseáse en que non importan as persoas porque a súa detentación da dignidade non depende dun concurso de méritos, senón dun feito azarosamente biolóxico. Aceptando todo ese razoamento, sospeito que resulta inaplicable no caso da monarquía española, tan personalista. O xefe da Casa Real, vencido polo gasto feliz e as berreas alegres, rexeita cesar. A súa filla mediana trata de pasar por estar adornada dunha lucidez menor da que ten nun proceso inverso ao que nos presentan dalgún familiar cercano. Mesmo o seu avogado atribuía o asinamento cego de documentos ás augas toldas do amor, convidándonos a crer que esa paixón polo seu home enfeitizara tamén aos membros do seu equipo de asesores. 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité