Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 janvier 2014

HAI TERCEIRAS PERSOAS

rock-roll-bob-dylan

Algunhas obras mestras son sofisticadamente aburridas. Achegueime a A propósito de Llewyn Davis chamado polo humor e a orixinalidade dos Coen. Atopei un guión á altura dalgunhas das exquisitas chafalladas que escribe Woody Allen de cando en vez para manter a Soon Yi-Previn e toda a rea de fillos que ten. Os irmáns Coen poñen ao seu protagonista a xirar e xirar coma unha buxaina esquecida no pó cementado dun edificio  en construcción. A conclusión que tirei ao saír do cine é que Twitter é ben máis entretido ca algúns filmes: non parei de miralo en toda a proxección. Tampuco parei de botar en falta Mocidade, o libro mediado da triloxía autobiográfica de Coetzee, que empeza con Infancia e remata con Verán. Publicounos Rinoceronte. Mocidade fala dos intentos por ser recoñecido como poeta do propio Coetzee, un surafricano emigrado ao Londres dos 70 que sobrevive programando ordenadores secretísimos para o goberno británico. O protagonista transcorre pola novela sen que lle pase nada certamente singular, pero Coetzee sabe manipulalo para  quitarlle interese e, sobre todo, artella con xenialidade un final abraiante. Unha vez consagrado, ao contrario ca os Coen, o narrador meridional decide erixirse un monumento a si mesmo en Verán. Nesas memorias ficcionados fala de Coetzee en terceira persoa, que é o xeito que teñen Belén Esteban e outros triunfadores  literarios de recreárense no seu éxito. Coetzee amosa a súa egocentria con tal magnitude que mesmo permite que outras persoas o critiquen porque recibir un Nobel eleva a un sobre hipotecados e rentistas.

Photo: Bob Dylan

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité