Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 janvier 2014

A BIBLIFICACIÓN DOS PROGRAMAS ELECTORAIS

biblia

Os programas electorais están vivindo un momento de esplendor. Non porque se estean empezando a desenvolver, como por gañar posicións como elemento para argumentar nas tertulias."O aborto ía no programa do Partido Popular" acadou xa feituras de clásico, pero empeza a gañar relevancia "o bulevar de Gamonal ía no programa do Partido Popular". Ignoro se algún de vostedes coñece un votante que lea os programas electorais -eu si, o meu compañeiro Ángel Vaqueiro-, porque os propios partidos facilitan relaxadas sinopses aos seus candidatos para que as memoricen. Con todo, estou seguro de que non coñecen a ninguén que vote en atención ao lido nunha plataforma de intencións postelectorais. O sentido do voto pode ser ideolóxico nas eleccións estatais ou personalista, nas municipais. De calquera xeito, aceptando que os votantes coñecen os programas electorais e dirixen o seu sufraxio tomándoos como referente, o aborto ou un bulevar son unicamente dous puntos concretos nun libriño con centos deles. Podo descibirllos porque vin un programa nunha oportunidade. Hai anos.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité