mickey-mouse-in-the-election-campaign-london-county-council-to-attract-voters-february-26-1931-england-by-fox-photos (1)

Mariano Rajoy asegura que non pode "dialogar" con Cataluña porque Artur Mas está adoptando "medidas unilaterais". Antes de adoptar "medidas unilaterais", non recordo que aceptase diálogo ningún. Pareceme lóxico que o presidente do goberno español non sente negociar antes de que o goberno catalán o forzase. Ese momento de intercambio de favores chegará cando Mas constate, oh!, que non pode convocar o referendo porque Rajoy non senta negociar con el. Semella que tanto Rajoy como Mas están aplicando a teoría de que a insistencia leva ao cansanzo e a rendición do rival, que está sendo aplicada tamén no caso da infanta. Eu discrepo que a soberanía resida no pobo español de xeito unilateral; de feito, discrepo en que resida. Estou en contra da independencia de Cataluña porque baixaría a renda de Galicia, pero son partidario de que os cataláns determinen en exclusiva o que respecta ao seu territorio. Porén, este plebiscito tácito diario no que deciden Barcelona e Madrid anímame a deixarme vencer pola vía emocional e entoar aquel himno que lle cantaban en San Mamés á Policía franquista: "Que se vayan, se vayan, se vayan!/ Que se vayan, se vayan de aquí/ Que se vayan, se vayan, se vayan!/ Ai, que se vayan pa Valladolid!"