Telstar-4-Universidad-de-Alcalá-de-Henares

Ortega Lara espértame compaixón. A crueldade que ETA cometeu contra el cáusame admiración pola súa capacidade de resistila e, parece que, superala. Sen restarlle un matiz a ese sentimento, non pode pretender convertilo nun caudal político. Santiago Abascal tamén padeceu a insidia dos radicais e mesmo poido entender que ese acometemento que sufriu puido converter noutro radical, pero ao converterse en empregado público en situación de reserva a través dunha fundación nula, perdinlle o respecto. A comunidade de intereses que veñen de formar ambos os dous ten pouco que dicirme. Asumo que a parte máis fundamentalista do programa do Partido Popular nada ten que dicirme. Artellar o Estado sen autonomías paréceme, parafraseando a Rajoy, unha ocorrencia. Pero, ben, respecto que se convirtan en emprendedores con Vox. Un satélite máis para os conservadores, como UPyD e Movimiento Ciudadano. A este paso, a descomposición da URSS vai parecer unha leve doenza estomacal.