Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 janvier 2014

DICÍAMOS ANTONTE

 

alfa romeo

O sábado estaba folleando un catálogo de MediaMarkt cando se me apareceron vagando ao fondo da paisaxe do salón Guillerme Vázquez e Suso de Toro, como presidente e membro da Fundación Galiza Sempre. Como o televisor estaba a volume manso, convencinme de que escoitara erradamente. Non porque non vexa a Guillerme Vázquez, que non o vexo, liderando un grupo de reflexión política; non porque non crea que Suso de Toro dispón dunha excepcional capacidade de análise, que o creo. Cada partido fai coa súa militancia e as súas fundacións o que considera. O que me sorprendeu foi descubrir a un socioliberal estatalista como Suso de Toro integrándose nunha entidade marxista e nacionalista. El Progreso publicaba hoxe unha entrevista co intelectual, na que, contestando a un afiado Héctor Cobo, explica todo sen explicar nada. De Suso de Toro quedara con aquel discurso da cidadanía tan do liberalismo anglosaxón que non me acaba de disgustar. Pero descubro que non, que lle conta ao periodista que Galicia precisa "soberanía" para frear o "espolio". O cuestionario de Héctor Cobo está impecablemente escalonado para ir amosando que o entrevistado contradice a cada resposta o seu discurso de antonte. Pero será que levo tempo sen ler a De Toro e vén contando a mudanza pauliana dende que padecemos as eleccións do 2011. Xuro que non o lía por puro despiste, que sempre lle fun acólito.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité