Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 janvier 2014

UNHA CUESTIÓN SPINOZA

dirk-de-herder-amsterdam-ca-1950 (1)

Ernesto chamoume esta mañá para chancear comigo porque alguén lle revelara que estou dando un curso en español. O obradoiro, de narrativa, está promovido pola UNED, teño alumnos que entran dende toda España por streaming. O meu amigo aseguraba que nunca me sentira falar en español, aínda que sabe que é a miña lingua materna, polo que a uso coa miña nai e os meus irmáns, e mesmo coa muller. Pola tarde, Manuel Pinheiro propón en Facebook aleitar un grupo de Spinocistas dada a súa orixe noroestepeninsular. Fuchicando nas redes, descubro que era fillo de ourensá -sendo xudeo é fulcral porque soamente se consideran como tales por vía materna- e dun portugués. Naquela Galicia tanto debía ter ser norraiano ou surraiano. O interesante é que reparei en que Baruch Spinoza/Bieito Espinosa pensaría no mesmo idioma ca min, aínda que as miñas reflexións flúen en galego -se son laborais, intelectuais ou paternofiiais- e en español -se son filiais ou maritais-. A Spinoza debía sucederlle algo semellante co galego e o neerlandés. Na miña casa ese abalar entre dúsa linguas é coñecido. Os meus tíos escribían cartas estritamente bilingües. Trataban de negocios en español e comunícabanse aconteceres familiares en vasco. As frases en castelán ían seguidas de frases en euskara e novas frases en castelán daban continuidade a frases en euskara. 

Photo. Dick der Herder. Amsterdam circa 1950.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité