hitler roosvelt

Os meus cativos preguntáronme unha vez quen era Franco. Informeinos de que en contra do que poida semellar polo que eles poden escoitar nas emisoras oficiais non era un comisionado de Naciones Unidas para investigar os dereitos humanos en España nin sequera un mal menor que se viu na obriga de organizar o caos republican a sangue e ferro. A maiores expliqueilles o seu deseño de política interna aplicado contundentemente nos cuartelillos e nas comisarías tanto contra os que lles disparaban polas costas coma polos inocentes que detiñan enganada ou arbitrariamente. Grazas a que son vasco, coñezo o Lado Escuro e sei do que aconteceu no meu país. Iso provoca que me indigne que me presenten o Duque de Ahumada como inspirador de actuacións democráticos a un século vista cando sei, e todos sabemos, que a preocupación central nas guerras é eliminar fisicamente ao inimigo e non procurar o reintegro da soberanía para os cidadáns. Uriarte anda intentando ofrecer unha visión completa do campo de batalla, moito máis amplo co que pretenden os cronistas da Luz. O bispo non citou a Lord Castlereagh explicando Waterloo na Cámara dos Lores, pero vouno facer eu: "Os soldados ingleses e os franceses lavaban as mans no mesmo regato e dende unha beira a outra se felicitaban polo seu valor". O avance na reescrita española da súa Historia ao que asistimos estes días é a elevación ética de Mayor Oreja por renunciar a súa longa sesta europea -unha única intervención en catro anos- polo seu desacordo coa política antiterrorista. O goberno español é inclinado ao animismo e bota o día pedindo a colaboración metafísica de santos e virxes, pero non lle fai graza o que está lendo con Oreja, como non lla fixo asistir a sublimación dos próceres Ortega Lara, Santiago Abascal e Aleix Vidal-Quadras. Escoito o reproche a Mayor Oreja de que foi quen máis terroristas achegou a cárceres vascas sendo ministro de Interior de Aznar. Actuaba a disgusto porque estaba en contra desa concesión. Esquecen os críticos que foi quen se ocupou, en confluencia casual de intereses cos máis extremos dirixentes de ETA, de desartellar as negociacións dese momento para conseguir a paz. A súa concepción da política antiterrorista non variou, pero que pretenda que nos creamos que basea niso a súa decisión de renunciar á comodidade bruxeliana é confiar na nosa candidez. Para min, a súa marcha ten que ver con que recapacitou que, por moitos exabruptos que diga, o seu peso no Partido Popular vai seguir sendo igual de leve. Bruxelas está demasiado lonxe. Por algo o enviaron alí.