Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 janvier 2014

LANZAMENTO DE VÍTIMAS

 

Pickelhauben-LondonVictoryParade-1919

 

O Partido Popular vai de cara a superar á URSS en número de satélites. Como disolvente nesa descomposición -tan positiva para centrar a formación- os políticos conservadores intensifican o seu deporte favorito: lanzárense vítimas do terrorismo para defenderen as súas posicións de poder. Os amables espectadores do Cabaret Voltaire deben lembrar que, na categoría de vítimas, representantes e xornalistas capitalinos inclúen exclusivamente as vítimas de ETA, as únicas que merecen a súa conmiseración. As vítimas antedemocráticas e as democráticas das forzas e corpos de seguridade carecen mesmo de dereito a que se lles considere como vítimas. Os defensores públicos das vítimas e máis as vítimas interesadas en asuntos políticos evidencian a motivación que xace no trasfondo desa frase de que "a sociedade vasca está enferma". A doenza da sociedade vasca consiste en que a maioría dos seus cidadáns vota opcións expresa ou impricitamente secesionistas. En percepción cortesá, son malos españois por quereren perder esa condición administrativa; sentimentalmente xa se desprenderon dela. Nunca escoitei que a sociedade española estivese enferma por votar polos integrantes da aparataxe ditatorial que aniñaron en Alianza Popular e na UCD. Daquela, o problema non reside en que unha maioría de vascos se estea inclinando por votar Bildu, onde se refuxian uns cantos exercentes e xustificantes de violencia cruel, senón no seu rexeitamento a España como entidade coa integridade territoria actual. A enfermidade vasca, lonxe de ser ética, é patriótica.

Photo: London 1919. Victory parade.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité