mercredi 29 janvier 2014

LANZAMENTO DE VÍTIMAS

    O Partido Popular vai de cara a superar á URSS en número de satélites. Como disolvente nesa descomposición -tan positiva para centrar a formación- os políticos conservadores intensifican o seu deporte favorito: lanzárense vítimas do terrorismo para defenderen as súas posicións de poder. Os amables espectadores do Cabaret Voltaire deben lembrar que, na categoría de vítimas, representantes e xornalistas capitalinos inclúen exclusivamente as vítimas de ETA, as únicas que merecen a súa conmiseración. As vítimas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 28 janvier 2014

LONGA SESTA DE PEDRA

Os meus cativos preguntáronme unha vez quen era Franco. Informeinos de que en contra do que poida semellar polo que eles poden escoitar nas emisoras oficiais non era un comisionado de Naciones Unidas para investigar os dereitos humanos en España nin sequera un mal menor que se viu na obriga de organizar o caos republican a sangue e ferro. A maiores expliqueilles o seu deseño de política interna aplicado contundentemente nos cuartelillos e nas comisarías tanto contra os que lles disparaban polas costas coma polos inocentes que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 26 janvier 2014

ADORNAR AS BOTAS CON FELTRO DE SOMBREIROS

UNHA VEZ convidoume a xantar unha muller en La Bottega, na rúa dos Olmos, na Coruña. La Bottega viviu coma O Fornos ata que o venceu a cursilería italianizante e diría que dantesca. Como a muller que me convidou leva vinte anos escoitándome as mesmas grazas, non lle importou que marchase pasear a curiosidade en solitario polo local. No baixo, descubrín un mural de Urbano Lugrís. Fascinoume o porto soleado —tan Chiricco, tan Carrà; con ondas que semellaban escamas aliñeadas—, case que tanto como a capacidade do persoal para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:36 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 24 janvier 2014

UNHA CUESTIÓN SPINOZA

Ernesto chamoume esta mañá para chancear comigo porque alguén lle revelara que estou dando un curso en español. O obradoiro, de narrativa, está promovido pola UNED, teño alumnos que entran dende toda España por streaming. O meu amigo aseguraba que nunca me sentira falar en español, aínda que sabe que é a miña lingua materna, polo que a uso coa miña nai e os meus irmáns, e mesmo coa muller. Pola tarde, Manuel Pinheiro propón en Facebook aleitar un grupo de Spinocistas dada a súa orixe noroestepeninsular. Fuchicando nas redes,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 22 janvier 2014

ALGUÉN DEBERÍA ASOMAR TRAS ESA BARBA

Eu non poño empeño en ser cidadán español, pero xa posto, gustaríame que o presidente do meu estado exercese. Vexo ao ministro de Educación promulgando, ao ministro de Xustiza censurando, ao ministro de Industria encarecendo,... todos van tomando medidas políticas que me disgutan máis que do me gustan, pero adoitan argumentalas. Tras eles, embozado por unha barba e moitos circunloquios, hai un señor que debería ser responsable.
Posté par Jaureguizar à 18:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 21 janvier 2014

DICÍAMOS ANTONTE

  O sábado estaba folleando un catálogo de MediaMarkt cando se me apareceron vagando ao fondo da paisaxe do salón Guillerme Vázquez e Suso de Toro, como presidente e membro da Fundación Galiza Sempre. Como o televisor estaba a volume manso, convencinme de que escoitara erradamente. Non porque non vexa a Guillerme Vázquez, que non o vexo, liderando un grupo de reflexión política; non porque non crea que Suso de Toro dispón dunha excepcional capacidade de análise, que o creo. Cada partido fai coa súa militancia e as... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 19 janvier 2014

UN WENSTERN CREPUSCULAR

  A miña muller explicoume que o caruncho dos meus libros perxudicaba seriamente os seus xerseis. Houben de inmolar a miña colección delicatessen da vella Austral a cambio de salvar a tempada outono-inverno na casa. O decoro sempre se sobrepuxo á cultura.  Despedín aqueles libros que comprara o meu tío carlista nos anos 40 e 50 cun funeral de estado. Ao follealos en sinal de respecto reparei nas manchas escuras e húmidas das páxinas. Parecía que lles subira a marea ata a metade das follas. Tratei de convencer á muller... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
samedi 18 janvier 2014

VOX, O NOVO SATÉLITE

Ortega Lara espértame compaixón. A crueldade que ETA cometeu contra el cáusame admiración pola súa capacidade de resistila e, parece que, superala. Sen restarlle un matiz a ese sentimento, non pode pretender convertilo nun caudal político. Santiago Abascal tamén padeceu a insidia dos radicais e mesmo poido entender que ese acometemento que sufriu puido converter noutro radical, pero ao converterse en empregado público en situación de reserva a través dunha fundación nula, perdinlle o respecto. A comunidade de intereses que veñen de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 17 janvier 2014

PLEBISCITOS TÁCITOS

Mariano Rajoy asegura que non pode "dialogar" con Cataluña porque Artur Mas está adoptando "medidas unilaterais". Antes de adoptar "medidas unilaterais", non recordo que aceptase diálogo ningún. Pareceme lóxico que o presidente do goberno español non sente negociar antes de que o goberno catalán o forzase. Ese momento de intercambio de favores chegará cando Mas constate, oh!, que non pode convocar o referendo porque Rajoy non senta negociar con el. Semella que tanto Rajoy como Mas están aplicando a teoría de que a insistencia leva... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 16 janvier 2014

A BIBLIFICACIÓN DOS PROGRAMAS ELECTORAIS

Os programas electorais están vivindo un momento de esplendor. Non porque se estean empezando a desenvolver, como por gañar posicións como elemento para argumentar nas tertulias."O aborto ía no programa do Partido Popular" acadou xa feituras de clásico, pero empeza a gañar relevancia "o bulevar de Gamonal ía no programa do Partido Popular". Ignoro se algún de vostedes coñece un votante que lea os programas electorais -eu si, o meu compañeiro Ángel Vaqueiro-, porque os propios partidos facilitan relaxadas sinopses aos seus... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]