dimanche 2 février 2014

OS INCENDIOS DA SOBERBIA

    A SEMANA pasada sobrepúxenme ao pudor e abrínlles de par en par o meu historial clínico. Confeseilles que o médico, alarmado polas miñas baixadas de tensión arterial, prohibírame ler poesía. Foi revelalo e que me convidasen a un recital. Pregúntome que pensaría o meu tío carlista. El escribía poesías ao estilo de Valle Inclán. Coma eses clásicos que acaban desembocando en enciclopedias, mandou queimalas ao seu pasamento. Preferiría que Bitito, o seu legatario, fose coma Max Brod e non prendese o lume fatuo. Porén... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:37 - Commentaires [0] - Permalien [#]