Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 février 2014

UN PAXARO DE ENCAIXE

bird

No soño, eu vivía no campo. Era unha aldea fea, con esas casas brancas que semellan naves industriais reconvertidas que hai en Castela. Era Castela, pero no canto deses campos amarelecidos e deprimentes, había prados de herba verde. Camiñei cara fóra do núcleo cunhas desas tesoiras de cociña anchas con plástico azul que venden no Ikea. A miña intención apañar mentas, pero non me quedou clara a finalidade que lle pensaba dar. No cabo dunha rúa que desembocaba nun camiño que se dirixía ao monte, apareceuseme un paxaro voando dediante. O paxaro era tropical, dun azul cobalto. O seu peito e as súas ás estaba adornadas por un encaixe de fío. Despois de acordar, acudín á redacción para escoitar Wilco e añorar os paseos en bicicleta entre Ribadeo e Rinlo. Fóra, un ballón batía nas ventás.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité