Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 février 2014

T.

walker evans

Nas camiñadas matutinas polo Lugo de granito é raro o día que non me cruzo con T. Eu sei que vou vagar durante unha hora, pero ignoro a onde vai e de onde vén el. T. carece de traballo dende hai moitos anos. Máis que dun problema coxuntural, o seu paro é buscado e nugallento. Sempre que tivoun traballo, abandonouno. T. debe de ser un chisco máis novo ca min, e ten dúas fillas e unha muller.  Ela traballa e el achega as rendas da familia. Intúo que T. non le alén o Marca que alguén deixa mal dobrado na barra, pero semella aplicar o aprendido en ensaios sobre a sociedade postindustrial e o cultivo do ocio. Mentres eu calculo a súa orixe e o seu destino, T. saúdame sansanicando a cabeza coma fan os paxaros cativeiros, sorrindo con temor tímido e erguendo a man para subliñar que nos coñecemos e que non lle desagradaría que lle prestase atención conversando con el, pero eu non son dono do meu tempo e el, niso, un rico propietario.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité