vendredi 7 février 2014

GALICIA ANTES DA CHOIVA

Está mañá saín pasear polo vello de Lugo para tratar de lembrar como era Galicia antes da choiva. Levo tantas mañás vagando coas mans nos petos, os ombros metidos contra o peito e a cabeza agachada cuberta por dúas carapuchas, que hoxe sentín que se me inchaban os pulmóns coma se fose un pombo en celo. Na Praza do Campo erguín o queixo con ánimo cenital e mirei as nubes dun gris rosáceo. Despois, abaixeina con precaución e humildade, sabedor da miña cita para as tres da tardiña con Ruth.
Posté par Jaureguizar à 10:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]