Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 février 2014

A NATURALIDADE CONTRA OS BORBÓN

MARILYN

A mañá madrugou pizarrenta, pero aínda confío en facer unhas das poucas actividades que podo permitirme ás ceibas e Cristina Borbón, non: vagar. Como todas as mañás, sairei dar un longo paseo sen rumbo; serei un flâneur a xeito de Jules Noriac. Cristina de Borbón nunca poderá pasear por Lugo en solitario porque vive un banzo por riba de min. Mesmo para camiñar ata un xulgado, houberon de transportala en coche. A monarquía é unha entidade que non responde a ningún argumento racional ou democrático, está assentada sobre un mito fundacional. Cristina Borbón reside na lenda de pertencer a unha elite que a singulariza. Certamente, eu non terei o mellor bufete de avogados se me imputan por un delicto; non me refiro á infantaría de Roca, senón a todos os resortes do Estado pensando e exercendo ao seu favor. Onte vin á infanta tendendo a man aos gardas de seguridade e pregunteime se ese xesto non era unha contradición, se descender varios banzos na escala española das castas non fora un erro, -por moito que loguiño regresase á súa dignidade-. Quero expresar que, se un conta con ampulosos privilexios a conta dunha profecía que non ten necesidade de cumprir, debería coidarse de que non se descubra a natureza vulgar que a sustenta. Tanta naturalidade impostada acabará supoñendo a fin dos Borbón. A campechanía é republicana.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité