
O MÉRCORES entrei nunha tenda de telefonía móbil por un deses problemas elementais que son incapaz de solucionar se a miña muller non está de humor. Dediante de min, a telefonista estaba atendendo a unha deseñadora de roupa. Sinto moito respecto polas persoas dotadas para combinar dúas prendas que non compraron xuntas. Esa reverencia acabou cando me decatei de que lle estaban configurando o correo electrónico. Iso igualounos. Pouco tardei en marchar repetindo as palabras de Portia en O mercader de Venecia, de Shakespeare: «Sempre...
[Lire la suite]