new-york-1920s-prohibition3

A ETA non lle pido coherencia. As consecuencias da súa falta de coherencia se contan en centos de asasinados. Aos representantes políticos non lles pido coherencia. Contradicirse sen que o pareza é unha lección fundamental na arte política. Si lles reclamo coherencia aos cidadáns. Eu entendin o vídeo do desarme de ETA coma unha indicación simbólica. Por iso non lle atopei sentido ás contas cuantitativas que se lle botaron. Tanto tiña que fose unha pistola ca cincocentas. A partir de que cantidade de armas se considera desarme? Aínda menos entendo agora os boureos porque recollesen o material lesivo nunca caixa e o levasen. Se eran poucas as armas entregadas, que importancia ten que as cedesen efectivamente ou soamente como xesto?