mardi 25 février 2014

CABO DE HORNOS

Rajoy carece de idade, biografía e decisión para ser un heroe de Conrad. Con todo, esta mañá intentou excitar o imaxinario colectivo -el diría patriótico- consentíndose a si mesmo proclamar que "xa atravesamos o Cabo de Hornos". O Cabo de Hornos é un limes da épica que non debería nin ser mencionado por un señor que podería formar parte do mobiliario dun despacho Luís XVI porque o risco acuático máis exacerbado que puido ver na súa vida foron os peixes da súa peceira. Metido en épicas e imposturas patrióticas éralle ben máis acaído... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]