mercredi 26 février 2014

NADA BUSQUEI EN YOU TUBE

Seica Paco de Lucía estivo unha noite nun caserío que uns meus familiares teñen tras as lombas que arrodean Gernika, segundo baixan mansamente cara ao mar en Urdaibai. Dixéronme que era discreto, serio, tímido, amable. Chegou ao cerne do campo vasco convidado pola paixón inconfesada que arrastra os euskalduns cara ao flamenco. A pulsión polo contrario. Hoxe morreu e hoxe tampouco me motivou a súa música. Nada busquei en You Tube porque nada tiña que lamentar dende un punto de vista artístico. O pasamento de Paco de Lucía si que me... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 25 février 2014

CABO DE HORNOS

Rajoy carece de idade, biografía e decisión para ser un heroe de Conrad. Con todo, esta mañá intentou excitar o imaxinario colectivo -el diría patriótico- consentíndose a si mesmo proclamar que "xa atravesamos o Cabo de Hornos". O Cabo de Hornos é un limes da épica que non debería nin ser mencionado por un señor que podería formar parte do mobiliario dun despacho Luís XVI porque o risco acuático máis exacerbado que puido ver na súa vida foron os peixes da súa peceira. Metido en épicas e imposturas patrióticas éralle ben máis acaído... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 24 février 2014

A PARTIR DE QUE CANTIDADE DE ARMAS SE CONSIDERA DESARME?

A ETA non lle pido coherencia. As consecuencias da súa falta de coherencia se contan en centos de asasinados. Aos representantes políticos non lles pido coherencia. Contradicirse sen que o pareza é unha lección fundamental na arte política. Si lles reclamo coherencia aos cidadáns. Eu entendin o vídeo do desarme de ETA coma unha indicación simbólica. Por iso non lle atopei sentido ás contas cuantitativas que se lle botaron. Tanto tiña que fose unha pistola ca cincocentas. A partir de que cantidade de armas se considera... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:30 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 23 février 2014

FRANCIA CABE NUN PAR DE ZAPATOS

O MÉRCORES entrei nunha tenda de telefonía móbil por un deses problemas elementais que son incapaz de solucionar se a miña muller non está de humor. Dediante de min, a telefonista estaba atendendo a unha deseñadora de roupa. Sinto moito respecto polas persoas dotadas para combinar dúas prendas que non compraron xuntas. Esa reverencia acabou cando me decatei de que lle estaban configurando o correo electrónico. Iso igualounos. Pouco tardei en marchar repetindo as palabras de Portia en O mercader de Venecia, de Shakespeare: «Sempre... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 22 février 2014

A FRONTEIRA INSOSTIBLE

Un personaxe de Graham Greene, o novelista Q. C. Savory, que elude disimulosamente pronunciar os 'd' intervogálicos na tradución para o español. Non hai participio que indulte: condenao, dao, inspirao,... Faino por sentirse vulgar e, sabéndose por riba da xentalla, tratar de que o pobo se identifique con algún dos seus riscos, como a fala. Trátase de baixar un banzo, pero cun so pé, para volver logo ao banzo superior. Se Rajoy non estivese determinado por ese accesos de populismo, comezaría o proceso de desocupación das dúas prazas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:41 - Commentaires [2] - Permalien [#]
jeudi 13 février 2014

SONO, MEXOS E LUXURIA

Unha mañá luminosa dos 90 saín da casa para conquistar Madrid. Houbo dúas editoriais valerosas dispostas a traducirme senllos libros no anos 90. Chamei a Aníbal Malvar co ánimo exacerbado co que Urbano Lugrís telefonou a Avilés de Taramancos para propoñerlle conquistar a primavera cun paseo a Santiago para tomar os viños. Ambos os dous estaban na Coruña. Na sobremesa, levoume ao despacho. Os editores concédenche a ilusión de negociar, cando che vale con que poñan cartos para abenzoarche un orixinal. Entre a lectura dunha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 12 février 2014

TEN POSIBILIDADES

Este días cúmprense vinte anos da derradeira vez que me emborrachei. Resultou triste e lindante co dramático porque eu estaba só e non tiña intención algunha de deixarme dominar polo albariño. Unhas nécoras tiraron do viño con tanta forza que acabei co equilibrio disoluto cando me erguín para deitarme. Dende aquela, soamente bebo por motivos políticos: cando vou á casa do sogro. El é moi respectuoso co viño, polo que consome o mellor. Ao primeiro, el pensaba que eu era unha persoa sensata capaz de distinguir entre un mencía e un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 11 février 2014

CARTEIS MECÁNICOS, BERROS BALEIROS

Os rapaces que berraron hoxe a Garzón en Santiago erraron na protesta concebida no seu conxunto. O primeiro é que berrar para non deixar falar a alguén é unha mostra de inseguridade cara ao que o apupado nos intenta comunicar. No suposto de hoxe, por riba, o exmaxistrado estaba afónico. Os mozos confudiron, asemade, o contido que motivaba a súa protesta. Baltasar Garzón pretendía falar na súa calidade de político, dese gran político que arramblou coa lei de punto final que se asinou de xeito tácito na España da Transición, reabrindo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 10 février 2014

UN WATERLOO DE PALESTINAS E CHIRUCAS

    As imaxes postdestitución do director de El Mundo nos presentaron a Pedro J. Ramírez dando as costas. Amosa o negro lombo do tempo, que inventou Javier Marías que escribira Shakespeare. Esas costas marchan espertando unha morriña ampulosa entre os seus, coma se fose Napoleón retirándose á Saint Hélène tras a debacle de Waterloo e non o que derrotara os prusianos en Jena. Hegel, que daba clase nesa cidade turinxia, viu pasar o emperador galo por baixo a súa ventá. Escribiulle a un amigo que Napoleón era «a Historia... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 9 février 2014

A NATURALIDADE CONTRA OS BORBÓN

A mañá madrugou pizarrenta, pero aínda confío en facer unhas das poucas actividades que podo permitirme ás ceibas e Cristina Borbón, non: vagar. Como todas as mañás, sairei dar un longo paseo sen rumbo; serei un flâneur a xeito de Jules Noriac. Cristina de Borbón nunca poderá pasear por Lugo en solitario porque vive un banzo por riba de min. Mesmo para camiñar ata un xulgado, houberon de transportala en coche. A monarquía é unha entidade que non responde a ningún argumento racional ou democrático, está assentada sobre un mito... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]