Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 mars 2014

A REBELDÍA MANSELIÑA

JAMES BROWN

Feijoo pide a Novas Xeracións que se rebelen, "pero non contra o sistema". Espléndida contradición, porque a rebeldía debe ser radical e iracunda, non pode ter unha gradación. O mandatario conservador ignora iso porque a súa rebeldía máis extrema foi votar a Felipe González no mediodía da súa mocidade. Sandou. Por iso pode aos novos neocatecuménicos que torzan a boca a esta balsa de aceite renegrido asentada e aceptada que é a política. Eles navegarán felices nesa balsa nuns anos, pero facendo por non engurrar as camisas nin escurecer a camomila do pelo. O presidente solicita das mocidades do seu partido que boureen en voz baixa e que non fagan propostas que se boten demasiado das Táboas da Lei. Hai un par de anos as Novas Xeracións vascas animaban a "rebelarse" afiliándose á variante máis conservadora e inmobilista da insubmisión, as propias NN.XX. Daquela ETA xa non se rebelaba contra os rivais políticos suprimíndoos por vía calugaria, pero, en Euskadi, PP continuaba sendo sinónimo de Neguri e misa en Begoña. Cando lía esa arenga de Feijoo dirixindo as súas mocidades a unha rebelión que agarda ao permiso para pasar e dá as grazas, tan enchoupada sentimentalmente de sentidiño, reparei en que o presidente alentaba a NN.XX. a seren unha versión armada no Bershka e hispanofalante da lampedusiana Anova: berremos as consignas do cambio, alteremos a orde establecida, usemos as proclamas do asamblearismo máis anarcófilo, para que o Gran Timonel volva sinalar co dedo da infalibilidade a Lidia Senra na Grose Koalition con Izquierda Unida, esa lista de salvación estatal a Bruxelas na que Galicia é o quinto asunto máis importante. Ao cabo, Martiño Noriega protagonizou unha reconfortante volta á casa para que as novas formas non afecten ás vellas realidades. Non hai colectivo humano que non estea dirixido por elites e Anova, que eu saiba, é un colectivo humano e, polo tanto, contraditorio. Afortunadamente, pero para isto non marcharmos do Bloque do Leste.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité